Pa pechar el curso, os nenos ya nenas de Fala, preparamos úa esposición coa idea de darlle visibilidá al cultivo escrito nel noso idioma, nun sito como Ibias, onde tan avezaos a falar, pro non tanto a ver a lingua materna posta nún papel. Na mesma colaboraron os alumnos, a biblioteca, ya tamén foi posible gracias ás donacióis del Parque Histórico del Navia, a Oficina de Coordinación Cultural y
Lingüística Ozcos-Eo, ya Xeira, muitas gracias a todos.
Este é el artículo feito por Nadia pal periódico, contando a esperiencia.
UN FEIXE DE LIBROS
El traballo que ficimos, é úa esposición que ta na biblioteca, ficímosla a base de pintar ya traballar un mural dos contos, escoller os libros yas cousas pa esposición. Parece fácil pro hai que poñer empeño ya claro ta, saber fala. Lo primeiro de todo foi facer el mural ya pintalo de muitos colores, coa axuda d´Alberto el noso maestro.
Tamén fumos a ordenadores pa facer carteles das distintas seccióis da esposición: úa d´investigacióis, outra de contos pa nenos, literatura, un feixe de cousas, gramática, vocabularios…. etc.
Condo xa acabamos, puxémonos en marcha, collemos os libros, ya dirixímonos á biblioteca. Nesta, xuntamos as mesas ya empezamos a colocar os libros, yas demáis cousas, eran tantas que casi nun cabían.
Puxemos os carteles en
cada úa das mesas ya colgamos enrriba da
esposición un gran mural feito por nós, dos personaxes dos contos: taban Binoca, el Can, el Gato, Alicia, Domingo, A Bruxa ya Os Cabritíos.
Xa tíamos todo feito: mural
colgao, os libros ya os carteles colocaos, nun faltaba nada. Entós xa descansamos un pouco,
sentámonos nas sillas a falar hasta que tocóu el timbre. Nun sei eu, pro a mín
gustóume, a os demáis nun sei. ¿Pro a ti?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario